CRTVG

Buscar

Un motorista morre ao sufrir unha saída de vía en Ribeira

Publicado o 07/09/2019 09:39

Accidente mortal esta noite n Ribeira. Un motorista faleceu tras sufrir unha saída de vía nunha pista de Santa María de Olveira. Os primeiros indicios apuntan a que tivo unha distracción que fixo que perdera o control do vehículo e batera contra o asfalto. Fontes da investigación indican que non levaba o casco posto. O home faleceu no acto. Ao lugar acudiron familiares e amigos, xa que o finado era moi coñecido na zona. A pista na que se produciu o accidente, entre Bretal e Campelos, estivo cortada durante varias horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019