CRTVG

Buscar

Un motorista feriuse de gravidade en Ourense nun choque contra un turismo

Publicado o 23/02/2019 21:02

Foi no centro da cidade, na rúa Curros Enríquez, contra as sete e media da tarde. Tanto o motorista como o turismo xiraron na mesma dirección, pero aínda non se sabe quen tivo a culpa do impacto. O condutor da moto foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario ourensán.

Pouco máis tarde, en Xinzo de Limia, unha muller era trasladada ao centro de saúde por un atropelo nun paso de peóns. O seu estado, aparentemente, non reviste gravidade.

Noticias web

23/02/2019