CRTVG

Buscar

Un motorista de Rianxo falece ao bater o seu vehículo contra un turismo

Publicado o 07/04/2019 12:20
Un motorista de Rianxo falece ao bater o seu vehículo contra un turismo

O primeiro dos accidentes ocorreu en Rianxo pouco antes das dez da noite no lugar de Pazo, onde resultou morto un home de mediana idade, veciño da parroquia de Asados, tras chocar a súa moto contra un turismo, na estrada provincial DP-7202. Durante case unha hora, os servizos sanitarios trataron de reanimar o condutor accidentado, sen conseguilo. A Garda Civil investiga as causas deste sinistro, que provocou fortes retencións de acceso á vila rianxeira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2019