CRTVG

Buscar

Un motorista de 42 anos morre nun accidente de tráfico en Vigo

Publicado o 13/06/2018 13:55

Un motorista de 42 anos morreu esta mañá ao chocar contra un coche. Foi en pleno centro de Vigo, na rúa Pi i Margall, á altura dun cruzamento que segundo os veciños non está ben regulado polos semáforos. O home morreu no acto, a moto quedou desfeita. A Policía Local interrompeu o tráfico e desviou algún autobús.

O accidente produciuse pouco antes das oito e media da mañá, na rúa Pi i Margall de Vigo, á altura do parque Camilo José Cela. A condutora do turismo circulaba cara á praza de América e pretendía subir esta rúa Menéndez Pelayo cando bateu de fronte contra a moto do home que acabou morrendo.

Segundo as testemuñas, o motorista de corenta e dous anos conducía a gran velocidade e o impacto foi brutal, a moto quedou desfeita e o casco en anacos.

A condutora dirixiuse á cafetería que fai esquina a pedir axuda, mentres outro dos peóns tentaba reanimar a vítima que xa non parecía ter pulso.

Os veciños desta zona levan pedindo desde hai anos que se varíe a regulación semafórica deste cruzamenti en que hai accidentes todas as semanas.

Os primeiros en chegar ao lugar foron os axentes da Policía Local que cortaron a rúa e fixeron as primeiras investigacións sobre a orixe do accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018