Un mosso ferido ao activarse unha trampa cando desmantelaban unha plantación de marihuana
Publicado o 10/09/2021 08:32

Un mosso d'Esquadra quedou ferido ao recibir un disparo nunha perna procedente dunha trampa caseira agochada nunha plantación de marihuana. O axente acudira xunto con outros mossos para desmantelar cinco plantacións que foran localizadas hai un par de semanas. Nos cultivos había instaladas seis trampas para disparar perdigóns. O axente recibiu 20 impactos destes cartuchos de caza no xemelgo. Foi trasladado ao hospital, onde permanece ingresado.