CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Un mosaico de roupa esixe carga de traballo nas reixas de Navantia

Publicado o 02/06/2013 14:33

Das reixas dos estaleiros de Navantia penduran centos de prendas que esixen futuro para os estaleiros e para toda a comarca

O colectivo Radio Buguina quixo crear coa roupa unha especie de monumento á dignidade, un mosaico de apoio ao naval e unha chamada de atención sobre a situación de Ferrolterra. Hai ano e medio os obreiros de Navantia colgaron os seus monos de traballo das reixas dos estaleiros para denunciar a destrución de emprego no sector.

Hoxe aquelas prendas son farrapos que seguen representando as reivindicacións dos traballadores e que inspiraron esta acción reivindicativa en apoio ao naval. Máis de trinta entidades sumáronse á proposta do colectivo Radio Buguina para construír este monumento téxtil de indignación, que esixe traballo para Navantia e para toda Ferrolterra.

Por iso das reixas de Navantia pendura todo un mosaico de mensaxes. Hainas de apoio o naval, pero tamén a prol da cultura, da educación e da sanidade públicas. Cada prenda garda unha historia individual. Xuntas reclaman un futuro digno para a colectividade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí