CRTVG

Buscar

Un morto pola explosión de gas nun edificio en Cidade de México

Publicado o 17/08/2021 09:14

En Cidade de México, unha persoa morreu e unha trintena quedaron feridas vítimas dunha explosión por fuga de gas nunha vivenda. O estourido rachou parte da fachada do edificio, paredes e pisos internos do inmoble residencial. Unha ducia dos feridos tiveron que ser trasladados ao hospital. Ocorreu na Colonia de Xoco, na alcaldía de Benito Juárez, Cidade de México.


 

Noticias web

17/08/2021