CRTVG

Buscar

Un morto en Xirona atrapado nun soto tras as inundacións

Publicado o 21/09/2019 23:18

Un morto en Xirona, en Platja d'Aro, a causa das inundacións. O falecido, duns trinta anos, durmía nos sotos dun local que quedou totalmente asolagado polas intensas chuvias. Rexistráronse case 100 litros por metro cadrado. E se hoxe Cataluña foi a peor parada polo temporal, con anterioridade o peor viviuse en Castela-A Mancha. En Ossa de Montiel, en Albacete, un home foi rescatado despois de que a súa furgoneta a levara a agua. Tamén dous mozos tiveron que ser socorridos nun centro ocupacional asolagado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019