CRTVG

Buscar

Dous mortos e varios desaparecidos ao ceder unha ponte no sur de Francia

Publicado o 18/11/2019 21:05

Dúas persoas morreron e varias están desaparecidas ao caer unha ponte colgante preto de Tolosa, no sur de Francia. As vítimas son unha adolescente de 15 anos que viaxaba nun turismo e o condutor dun camión. Sospéitase que o seu vehículo foi o que provocou o accidente porque tiña demasiada tonelaxe para pasar sobre esa ponte.

Catro persoas, entre elas a nai da menor falecida, puideron ser rescatadas con vida. No momento do accidente, circulaban pola ponte sobre o río Tarn dous turismos e o camión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019