CRTVG

Buscar

Morre un pescador ao caer dun pesqueiro nas Ons e outro queda ferido

Publicado o 09/02/2020 21:08

Consternación no concello pontevedrés do Grove pola morte de Luís Vidal, o mariñeiro de 51 anos que faleceu ao caer á auga. O barco, o Tucán II, con base no Grove, estaba pescando ao norte da Illa de Ons. O patrón do pesqueiro, ao decatarse do ocorrido, lanzouse ao mar para salvalo.

O patrón conseguiu collelo e mantelo a flote, pero as condicións meteorolóxicas impediron que o pesqueiro se achegase ata eles para collelos. Foi o Pesca 1 o que os rescatou.

Os dous foron trasladados ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O patrón, cunha hipotermia, permanece ingresado. O seu compañeiro faleceu. No Tucán II ía un terceiro tripulante, que chegou ata o porto do Grove.

Noticias web

09/02/2020