CRTVG

Buscar

Un morto e un ferido por mor da erupción do volcán Strómboli en Italia

Publicado o 03/07/2019 21:22

Un morto e polo menos outro ferido deixa a erupción do volcán Strómboli, que se atopa na homónima illa italiana. As primeiras informacións apuntan que o falecido é un turista italiano que puido ser alcanzado por varias rocas expulsadas polo volcán ao achegarse nese momento ao cráter, acompañado dun amigo de nacionalidade brasileira. Os traballos de rescate están en marcha mentres os bombeiros tamén traballan nos incendios que prenderon na zona occidental desta pequena illa, que está situado ao norte de Sicilia. A columna de fume e cinzas acada xa os dous quilómetros de altura.


 

Noticias web

03/07/2019