CRTVG

Buscar

Un morto e un ferido nun tiroteo fronte ao Congreso da Arxentina

Publicado o 10/05/2019 09:12

Unha vinganza por motivos persoais é a principal hipótese que manexa A Arxentina sobre o tiroteo rexistrado ás portas do Congreso en Bos Aires. Un dos tiroteados morreu e o seu acompañente, un deputado oficialista, quedou ferido grave.

O tiroteo no que resultou ferido grave o deputado radical Héctor Olivares e morto o seu colaborador, Marcelo Yadón, conmocionou A Arxentina.

Segundo a policía arxentina, Yadón era o obxectivo do ataque, xa que os agresores tiveron tempo de rematar o deputado ferido e non o fixeron.

Os dous pistoleiros xa están identificados, son pai e fillo. A principal hipótese é que se trataría dunha vinganza persoal que tería a súa orixe na relación que a vítima mantivo coa filla e irmá dos agresores.

"Imos ir ata as últimas consecuencias para entender que é o que pasou e atopar os culpables".

A vítima recibiu 4 ou 5 balazos e o deputado ferido un só tiro no abdome que lle afectou o páncreas e o fígado. Intervido cirurxicamente de urxencia, continúa ingresado en estado crítico nun hospital bonaerense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019