CRTVG

Buscar

Un morto e tres feridos nun choque frontal dun coche e un microbus en Menorca

Publicado o 05/02/2021 08:15

Unha muller faleceu en Menorca ao chocar o coche que conducía contra un microbús escolar.
O accidente ocorreu preto de Mahón. Canda a muller, viaxaba un home que quedou ferido leve. O autocar facía o servizo de transporte de tres institutos e dispoñíase a deixar o último rapaz de 12 anos. El, a condutora e unha acompañante quedaron feridos de diversa consideración e foron trasladados ao hospital.

Noticias web

05/02/2021