CRTVG

Buscar

Un morto e oito feridos nun tiroteo nunha escola de Denver, nos EUA

Publicado o 08/05/2019 08:25

Un tiroteo nunha escola de Denver, nos Estados Unidos, deixou polo menos un morto e oito feridos, cinco deles en estado grave.

A policía detivo dous sospeitosos de perpetrar este tiroteo, que se cre que son alumnos no centro. Hai, ademais, un terceiro sospeitoso que estaría fuxido.

Todas as escolas da zona están baixo vixilancia policial e a maioría delas suspenderon as súas actividades. Na escola en que se produciu o tiroteo estudan preto de 2.000 alumnos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019