CRTVG

Buscar

Un morto e dous feridos en Mos nun choque frontal entre tres vehículos

Publicado o 03/09/2020 18:29

Unha persoa perdeu a vida nun choque frontal de tres vehículos en Mos. O sinistro aconteceu a primeira hora desta tarde cando os tres coches circulaban na estrada nacional 550 no Alto dos Valos. O 112 mobilizou o 061 que, nese punto, certificou o falecemento dun dos ocupantes e trasladou a un hospital outros dous feridos, un deles de consideración. Tamén acudiron ao lugar os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil de Tráfico e membros da Policía Local e do Servizo de Emerxencias de Mos.