CRTVG

Buscar

Un morto e 9 feridos nun accidente entre un autobús e un turismo en Tarragona

Publicado o 20/08/2019 11:00
Un morto e 9 feridos nun accidente entre un autobús e un turismo en Tarragona

O accidente produciuse na madrugada deste martes na autoestrada AP-7 en Tarragona, en dirección Amposta. Os mosos de Esquadra recibiron o aviso arredor das catro e media da madrugada dunha colisión frontal entre un autocar e un turismo.

O conductor do turismo morreu a consecuencia co choque. Era un turismo de matrícula francesa que circulaba en dirección contraria e, todo indica, que puido ser o causante do accidente.

Do autobús, da compañía Alsa, quedaron feridoas 9 persoas, tres delas graves, que foron trasladadas aos hopitais de Tortosa e Amposta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019