CRTVG

Buscar

Un morto e 14 feridos nun novo atentado de Al Shabab contra un complexo hoteleiro en Nairobi

Publicado o 15/01/2019 20:08

Un atentado terrorista na capital de Kenya, Nairobi, deixa polo menos un morto e 14 feridos. O ataque, reivindicado polo grupo Al Shabab, foi contra un complexo hoteleiro nun dos distritos máis importantes da cidade. Houbo dúas explosións e un tiroteo posterior que sementou o pánico en toda a contorna.

A operación segue en curso para deter os terroristas e as forzas de seguridade xa evacuaron as zonas próximas. É o terceiro atentado en seis anos deste grupo terrorista en Kenya, como represalia á presenza do exército kenyano en Somalia, para combater os xihadistas.

Noticias web

15/01/2019