CRTVG

Buscar

Un morto, catro desaparecidos e 30 feridos na explosión dunha planta química na cidade alemá de Leverkusen

Publicado o 27/07/2021 20:17
Un morto, catro desaparecidos e 30 feridos na explosión dunha planta química na cidade alemá de Leverkusen

Unha explosión nun parque químico da cidade de Leverkusen, no oeste de Alemaña, provoucou a morte dun traballador, mentres que outros catro continúan desparecidos. Hai tamén 30 feridos, algúns deles graves, a consecuencia deste accidente, do que de momento se descoñecen as causas.

A explosión provocou unha densa columna de fume polo que as autoridades activaron a alerta de perigo extremo na zona. Segundo a policía, aínda non é posible avaliar a dimensión dos danos.

Noticias web

27/07/2021