Un modelo matemático da Universidade de Santiago permite predecir os picos da gripe
É unha das preocupacións sanitarias que se repite cada inverno. Anticiparse na prevención e vacinarse serve para reducir a incidencia nos grupos de risco, pero unha vez se manifesta, é fundamental coñecer a situación e a evolución da doenza para xestionar os recursos sanitarios. Un modelo matemático desenvolto polos investigadores do grupo Modestya da Universidade de Santiago permite predicir a incidencia a partir de información meteolóxica, índices de vacinación, e evolución do virus.
Manuel Febrero /Catedrático de estatística da USC
"O que vimos recollendo esta información sinxela é que, basicamente, cando vemos vagas de frío como a que se produciu a finais de decembro, vemos que esas vagas tradúcense en dúas semanas en picos de gripe." Comenta Manuel Febrero, catedrático de Estatística da USC
"E esta información, estas predicións son útiles para os xestores de saúde, porque lles permiten actuar con información cada vez máis precisa, como os que ofrecen os nosos modelos." Precisa Manuel Oviedo, investigador do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial.
Neste momento os datos cos que traballan son os dos servizos sanitarios e meteorolóxicos cataláns pero o modelo serve para calquera territorio.
"Nós como matemáticos, estatísticos, sobre todo aprezamos a beleza do mecanismo. Somos como reloxeiros. E a beleza deste mecanismo é que con información ben simple podemos intentar predecir un fenómeno complexo como é o da gripe." Di Manuel Febrero, catedrático de Estatística da USC
Agardan que o estudo científico acabe tendo unha aplicación práctica tamén en Galicia.