Un móbil con tecnoloxía galega para loitar contra o cancro
Publicado o 27/05/2021 14:28

A intelixencia artificial súmase á loita contra o cancro e será a través dun teléfono móbil con tecnoloxía galega. A finalidade é poder detectar metástase en doentes que superaron a enfermidade pero que poidan sufrir unha recaída.
O centro tecnolóxico Gradiant, de Vigo, coordina este proxecto internacional en que participarán un grupo de doentes oncolóxicos de Ourense. Cada un deles levará durante 18 meses un teléfono e un reloxo intelixente para poder monitorizar o seu día a día e dispoñer dun tratamento máis personalizado ante unha hipotética reaparición da enfermidade.