CRTVG

Buscar

Un moañés denuncia os inquilinos por apropiación indebida

Publicado o 20/01/2021 14:18

O propietario desta casa de Domaio, Moaña, estaba en Vietnam cando hai un ano decidiu alugala, coa mediación da inmobiliaria e dunha irmá. É a súa vivenda e tiña as súas pertenzas dentro. Polo que relata, o inquilino tiña présa por entrar e esa cirscuntancia non era inconveniente.

Segundo nos conta o dono, ao pouco de asinar o contrato de alugueiro por un ano, tivo que volver e foise interesar polos seus documentos e bens. Pero, segundo conta, o inquilino desfíxose deles e entroulle nos ordenadores.

Jorge Jiménez, propietario da vivenda: "Conseguimos establecer contacto coa xente que participara na limpeza da casa e cóntannos que a el actuaba coma se fose o propietario, porque lles estaba dicindo o que era para tirar. Isto non me serve, isto non o quero... isto cámbiamo".

Engade que ata foi ao vertedeiro das Somozas para intentar recuper as pertenzas súas que o inquilino mandou tirar, pero xa era moi tarde. En consecuencia, denunciou o inquilino por apropiación indebida de distintos bens. Agora vai pedir o seu desafiuzamento porque non queren abandonar a vivenda, a pesar de que o contrato acabou. Mentres, el ten que vivir na casa dunha familiar.

"Non teño ningunha resposta. Non me abren a porta, non se me concede ningunha oportunidade de poder recobrar as chaves da miña propiedade", di o dono da casa.

Engade que está a ser vítima dunha ocupación protagonizada por xente de cartos. "Move coches de luxo e mercou oito cafeterías en Vigo. Está claro que non é un problema económico. E como lle digo... se non tes ningún problema económico", afirma Jorge.

Despois dun ano de quebracabezas polo desafortunado alugueiro, Jorge segue coas xestión para recuperar a súa vivenda pola vía xudicial.

Noticias web

20/01/2021