Un mimo 'Transformer' déixase ver polas rúas da Coruña
Publicado o 03/09/2021 21:35

Imaxe curiosa a que atopamos na Coruña: é unha das personaxes da popular saga dos Transformers.
Baixo o disfrace agóchase Mario, un arxentino de 45 anos que reside en Barcelona. Quedou no paro coa pandemia e durante o confinamento elaborou este disfrace con pezas de coches. Agora percorre España co seu espectáculo.