Un millonario axuda un neno que facía os deberes á luz dun farol porque a súa familia non podía pagar a luz
Un millonario axuda un neno que facía os deberes á luz dun farol porque a súa familia non podía pagar a luz. Pode parecer ficción, pero é unha historia certa. Aconteceu no Perú, pero deu xa a volta ao mundo.
A historia deste neno peruano facendo os deberes baixo un farol converteuse nun fenómeno viral nas redes sociais e chamou a atención dun empresario árabe. En canto Yakob Yusuf Mubarak viu estas imaxes decidiu buscar o neno e coñecer a súa historia. Viaxou ata a localidade de Moche e comprobou as condicións en que vivían Víctor e a súa familia. Prometeulles axuda.
Non só para que o neno poida estudar, senón para construír unha casa nova e para que súa nai inicie un negocio. O empresario puxo unha condición: volver en decembro visitalos para coñecer a nova casa. Mubarak tamén quixo acometer melloras na escola onde Víctor estuda sexto de primaria, pero as autoridades peruanas poñen trabas a esta doazón porque, segundo lle explicaron, o colexio xa ten presuposto para a súa reconstrución.