CRTVG

Buscar

O tifón Lekima golpea a China e deixa, polo menos, 32 mortos e 16 desaparecidos

Publicado o 11/08/2019 14:55

Na China, o paso do tifón Lekima pola provincia oriental de Zhejiang deixou, polo menos, 32 mortos e 16 desaparecidos. Ademais, houbo que evacuar un millón de persoas, aínda que nas últimas horas as autoridades rebaixaron a alarma de vermella a amarela.

Con ventos que alcanzaron no seu momento de máxima forza os 187 quilómetros por hora, é xa o tifón máis potente desde 2014. Acompañado de chuvias torrenciais, cebouse na provincia oriental de Zhejiang, onde rebordou un grande encoro e obrigou a evacuar un millón de persoas. Deixou outros catro millóns sen subministración eléctrica, 34.000 casas derrubadas ou con danos graves e as colleitas de preto de 200.000 hectáreas de cultivos botadas a perder.

Ao seu paso, fixo cancelar todas as saídas de ferris e barcazas, e centos de voos e ferrocarrís víronse suspendidos. Un pouco ao norte, o Disneyland de Shanghai tivo que pechar por primeira vez as súas portas. Con todo, as autoridades avisaron de que a furia deste tifón amainou xa e nas últimas horas baixaron a alerta de vermella a laranxa.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019