CRTVG

Buscar

Un milleiro de persoas de colectivos esenciais completan a pauta con AstraZeneca en Santiago

Publicado o 30/05/2021 14:34

"Recibín a primeira dose en febreiro porque son estudante de enfermería de cuarto curso, estabamos en prácticas chamáronos para poñer a primeira dose e tocoume AstraZeneca e decidín que a segunda dose fose da mesma"
"Poría Pfizer se non houbese AstraZeneca, pero ao haber a mesma prefiro con AstraZeneca"

Coma Tania e Alfonso, outras mil persoas menores de 60 anos completan este domingo a pauta de vacinación no hospital Clínico de Santiago.
María Pérez Neira, enfermeira do equipo de vacinación:
"Están vindo profesionais esenciais e algúns estudantes"
Sara Arcos, enfermeira do equipo de vacinación: "Teñen que firmar un consentimento informado. Só un 6 % dos que se chamou está a escoller a segunda dose de Pfizer"

Ademais de estudantes de medicina ou enfermería en prácticas, tamén se vacinaron esta mañá auxiliares de axuda a domicilio, traballadores do 112 e profesionais do hospital...
"Traballo en mantemento no hospital e veño a poñer a segunda dose porque a primeira puxéronma o 18 de febreiro, dixéronme que a segunda ás doce semanas pero xa pasaba un pouco"
"Son auxiliar de axuda a domicilio e traballo aquí no servizo para o concello. Máis vale o malo coñecido e poñer a da primeira dose"
"Iso de mesturar... prefiro poñer unha pauta homóloga, as dúas da mesma farmacéutica"

Todos os que entrevistamos repiten con AstraZeneca a pesar de que tiveron efectos secundarios coa primeira dose, coma febre, dor muscular ou cansazo. Esperan que esta segunda sexa máis levadía:
"pero xa non fixen moitos plans por se acaso", di unha das vacinadas.

Noticias web

30/05/2021