CRTVG

Buscar

Un milleiro de estudantes participou na V Competición de Robots en Vigo

Publicado o 26/04/2019 14:11

Hoxe celebrouse a V edición da competición de robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Éxito total de convocatoria para fomentar as disciplinas STEAM, un termo que está collendo moita forza e que fai referencia ás disciplinas que se consideran imprescindibles para formarse na sociedade actual, ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas. Sábeno moi ben nesta escola, por iso queren fomentar a súa aprendizaxe a través da robótica.

"Estamos a percibir das empresas que hai moita falla de persoal nestas disciplinas, entón pois hai que ir preparando aos rapaces desde a base".

Apuntou Juan Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Un milleiro de alumnos participou nesta competición de robots. Tiveron que deseñalos, programalos e sometelos a probas de destreza.

"Hai unha competitividade... é impresionante. Por iso nós cada ano imos tamén poñendo unha dificultade añadida, vendo que son quen de superala ademais", comentaba Juan Pardo.

"Conseguímolo, pero fácil, fácil, non é". "Hai que saber programar, nós estivemos programando un pouco". "Ao principio é moi complicado, ata que te acostumas a como vai o programa". "Xa quería vir o ano pasado pero era de primeiro e non había tecnoloxía e non podiamos", comentaron con entusiasmo algúns dos participantes.

Unha forma divertida de potenciar a autoaprendizaxe no mundo da robótica e tamén de promover as titulacións que oferta esta Escola de Enxeñería Industrial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019