CRTVG

Buscar

Un mes despois O Carballiño reabre a hostalería tras o alivio nas restricións

Publicado o 22/11/2020 20:13

Xusto hai un mes do peche do Carballiño, só con actividades esenciais, e neste tempo a vila conseguiu pasar dos 188 casos activos ata os 18 de hoxe. Agoran recuperan a mobilidade, as xuntanzas de ata seis persoas non conviventes, os bares e o ambiente nas rúas e prazas.

O cumprimento das duras restricións que se están aplicando agora en máis de 60 concellos galegos está dando resultado. E agora aquí volven a unha certa normalidade. Unha normalidade que inclúe a apertura da hostalería, coa ocupación do 50 % no interior dos locais, sen servizo nas barras, e ao 75 % nas terrazas. Un grande alivio para un sector especialmente castigado pola pandemia.

Agora en Verín, con dez positivos nas últimas dúas semanas, e tamén na cidade de Ourense, onde seguen baixando os casos activos, agardan un relaxamento nas limitacións. As autoridades sanitarias vixían especialmente o aumento de novos casos na Rúa, 26 en 14 días, e un gromo na residencia de maiores de Beariz, que eleva os positivos a 20.

Noticias web

22/11/2020

Máis sobre O Carballiño