CRTVG

Buscar

Un mercante incéndiase fronte á costa de Mallorca

Publicado o 15/05/2019 14:31

Un incendio rexistrado nun mercante que navegaba fronte á costa de Mallorca obrigou a evacuar a metade da tripulación. O barco procedía de Sardeña e e dirixíase ao porto de Valencia cun cargamento de vehículos. 

O incendio rexistrouse a primeiras horas da mañá, cando o mercante Gran Europa navegaba a 25 millas ao sur da illa de Mallorca.

Dous helicópteros e tres embarcacións de Salvamento Marítimo e da Garda Civil participaron nos traballos de extinción do lume.

Catorce dos 25 tripulantes do buque foron evacuados e o resto quedou a bordo para colaborar na extinción do incendio. Non houbo feridos.

O Gran Europa procedía do porto de Sardeña e o seu destino era o porto de Valencia, onde debía descargar os vehículos que leva nas súas adegas.

O buque, con 20 anos de antigüidade, ten 183 metros de eslora e bandeira italiana da navieira Grimaldi Lines.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019