CRTVG

Buscar

Un mercado sen espazo para os coches diésel

Publicado o 28/10/2018 21:51

A matriculación de coches diésel caeu un 10%, aínda que segue sendo moito maior ca a de vehículos de gasolina, redución que parece que será unha tendencia nos vindeiros anos. A reputada economista e experta en mobilidade sostible, a arxentina Georgina Santos, afirmou en Vigo que no mercado cada vez hai menos espazo para o transporte de gasóleo.

A economista da Universidade de Cardiff, Georgina Santos, lembrou durante o obradoiro "Descarbonización do transporte" na Cátedra Fenosa en Vigo que a maior fonte de emisión de CO2 en Europa prodúcena os coches, máis os diésel, pero tamén os de gasolina. Outros investigadores da corrente de Georgina Santos tamén apostan polo coche eléctrico e os híbridos como medio de transporte non contaminante e sostible. Pero antes de falar do futuro, no presente que vai pasar cos coches diésel e co prezo dese combustible fósil?

Segundo a economista Georgina Santos, no noso mercado cada vez hai menos sitio para os coches con combustibles fósiles e máis para híbridos e eléctricos. A curto prazo o eido do transporte urbano, antes ca o individual, é o que ten maior potencial de redución de emisións contaminantes.

Noticias web

28/10/2018