CRTVG

Buscar

Un menor trasladado a un centro sanitario do Barco tras un incendio na súa vivenda

Publicado o 20/01/2020 20:00
Un menor trasladado a un centro sanitario do Barco tras un incendio na súa vivenda

Trasladado por precaución un menor tras producirse un incendio nunha vivenda no Barco de Valdeorras. Un incendio no cuarto de baño dunha vivenda na rúa de Eloy Rodríguez Barrios, no concello ourensán do Barco de Valdeorras, finalizou cun menor de idade trasladado, por precaución, ao mediodía de hoxe a un centro sanitario. O lume calcinou algunhas toallas almacenadas na habitación e veciños do edificio trataron de sufocar as lapas cun extintor.

Segundo a información facilitada ao 112 polas testemuñas do incidente, o menor atopábase só na vivenda cando se produciu o incendio.

Unha vez no punto, os servizos de extinción procederon a ventilar o inmoble. Tras finalizar a operación e realizar as comprobacións necesarias, os equipos de intervención que acudiron ao momento solicitaron aos xestores do 112 Galicia a mobilización dun equipo sanitario, por precaución, para atender o menor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Máis sobre O Barco de Valdeorras