CRTVG

Buscar

Un menor é denunciado por deter o agresor dunha muller nunha rúa de Vigo

Publicado o 29/03/2021 13:29

Axudar saíulle caro ao mozo que interveu nun suposto episodio de violencia machista en Vigo. O menor ía no bus urbano cara á súa casa, cando viu como un home agredía contundentemente unha muller. Achegouse a eles e enfrontouse ao agresor, mentres os veciños chamaban a Policía Local. A muller ía bébeda e tamén se enfrontou á policía.

Pasaba media hora do toque de recollida, das dez da noite. A policía detivo a parella e chamaron os pais do menor para que o foran buscar. Foi nese momento cando o suposto maltratador lles advertiu de que ía poñer unha denuncia contra o rapaz por agresión.

A parella foi detida, ela baixo a acusación de atentado á autoridade, e el por violencia machista. Amais, deberán responder por unha falta por circular pola rúa despois das dez da noite sen motivo xustificado.

Noticias web

29/03/2021