CRTVG

Buscar

Un menor acoitela outro cunhas tesoiras nun instituto de Málaga

Publicado o 14/01/2020 13:51

Un estudante de 15 anos acoitelou cunhas tesoiras un compañeiro da mesma idade nos corredores do instituto da localidade malagueña de Campillos.

A vítima permanece ingresada na UCI do hospital de Antequera, a trinta quilómetros de distancia, onde chegou en helicóptero. Está estable e o seu prognóstico é reservado.

O agresor quedou baixo tutela da Fiscalía de Menores.

Noticias web

14/01/2020