CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Un melidense de 78 anos inventa unha campá extractora que di revolucionará o mercado

Publicado o 11/08/2013 21:25

Julio Villamor inventou e patentou o primeiro extractor de cociña silencioso.



Un dos ruídos máis molestos para moitos no fogar é o da cambota extractora de gases, pois ben un vecino de Melide xa ten a solución. Inventou e patentou o primeiro extractor de cociña silencioso.
Julio Villamor, de 78 anos, levaba tempo traballando no electrodoméstico e dentro de pouco xa o vai comercializar.
Un deseño industrial diferente, en vertical, unha saída de gases máis ampla e un motor máis pequeno son algunhas das súas características.
Detrás deste invento están anos de traballo.
O extractor é tan silecioso que ata se pode falar por teléfono ao seu carón sen problema.
Julio está convencido de que o invento vai marcar o comezo dunha nova era das cambotas de cociña.
Varias multinacionais interesáronse por ela pero polo momento queda na casa.
Xa se está a fabricar nunha empresa do Porriño e comezará a comercializarse en Melide

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí