CRTVG

Buscar

Un médico alerta do perigo de non vacinarse a petición dun dos seus pacientes na UCI

Publicado o 08/08/2021 15:16

Dende o Hospital Insular de Gran Canaria, Domingo González, médico intensivista, cumpre coa promesa que lle fixo a un paciente xusto antes de intubalo na unidade de coidados intensivos.

"El díxome que non se vacinara por temor, polo que escoitou e viu nos medios de comunicación e nas redes sociais, e lamentaba non facelo agora que se ve enfermo. Pediume que transmitise esta idea aos que aínda non se vacinaron e teñen dúbidas, porque el é un exemplo do que non se debe facer".

O doutor atendeu outros casos semellantes nesta quinta vaga do virus. Nos últimos días, o centro hospitalario canario recibiu unha decena de persoas inefectadas por coronavirus que rexeitaran a vacina.

"Non eran negacionistas, eran persoas influenciadas polas ideas negacionistas. Estamos chegando a un momento na sociedade en que non somos conscientes do dano que podemos facer con noticias falsas. Non todo vale, por favor, axúdenos a salvar vidas".

 

Noticias web

08/08/2021