CRTVG

Buscar

Un médico italiano dá positivo por coronavirus en Tenerife

Publicado o 24/02/2020 23:36

Un médico italiano que se atopaba de vacacións en Tenerife, deu positivo en coronavirus despois de que lle realizaran probas no laboratorio de microbioloxía do Hospital Universitario Nuestra Señora de Candelaria. Así o confirman fontes do Goberno canario. Polo de agora atópase hospitalizado e illado na Clínica Quirón sur de Adeje.

O presidente de Canarias, Ángel Víctor Torres, informou a través das redes sociais de que se activou o protocolo correspondente. Tal e como establece dito protocolo, o paciente someterase a unha segunda análise no Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto Carlos III.

O deste turista é o segundo caso que se presenta en Canarias, despois do do cidadán alemán que ingresara na Gomera.

O Goberno anunciou que hoxe, despois do Consello de Ministros constituiráse a Comisión Interministerial sobre o Coronavirus presidida por Pedro Sánchez, e pola tarde o ministro de Sanidade convocou a todos os representantes das Comunidades Autoónomas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí