CRTVG

Buscar

Un matrimonio de xubilados alemáns crea en Palas de Rei un lugar de encontro para peregrinos

Publicado o 10/05/2021 14:11

Ursula e Eggert son un matrimonio alemán que decidiu deixalo todo no seu país para asentarse no corazón do noso. Tras namorárense da natureza galega, mercaron unha parcela de 4.000 metros cadrados no Carballal, en Palas de Rei. Polo momento, viven nunha autocaravana, pero aspiran a rehabilitar as dúas casas que hai neste terreo.

Ursula Rohwer, xubilada alemá: "Agora estamos a vivir na caravana, e cando teñamos lista unha casa, iremos vivir nela".

O matrimonio alemán proxecta crear un lugar de encontro para os peregrinos baseado na permacultura. Trátase dun sistema de principios sociais e de deseño agrícola inspirado nas características do ecosistema natural.

Ursula Rohwer, xubilada alemá: "Aquí está a mellor terra para o meu proxecto. Faremos permacultura, que é o traballo da miña vida".

Para desenvolveren este proxecto, Ursula e Eggert están abertos aos investidores que queiran participar economicamente. E tamén precisan traballadores para poñer a punto estas instalacións.