CRTVG

Buscar

Un matrimonio de Maceda supera xunto a covid ingresado no CHUO

Publicado o 04/03/2021 14:21

Casaron para estar xuntos na riqueza e na pobreza, na saúde e na enfermidade. E están a aplicar o conto: un matrimonio de Maceda comparte estes días ingreso hospitalario en Ourense. Contan as horas para volver á casa, xa case recuperados pero mentres, polo menos, téñense o un ao outro.

José Antonio ingresou con pneumonía dúas semanas antes ca a súa muller. Foi cando trouxeron a Concepción para o mesmo cuarto cando comezou a ver a luz. Xuntiños toda unha vida, tamén na loita contra a covid.

E moitos anos máis, din, tras saír desta. Moito amor se ve entre eles, pero tamén teñen para os que os coidaron e curaron. Se seguen ben, mañá poderán retomar lentamente o seu día a día na súa casa de Tioira.

No hospital de Ourense, catro matrimonios comparten hoxe cuarto mentres superan a covid. Moito máis doado así, con compaña e agarimos.

Noticias web

04/03/2021