Un Marisquiño diferente que encheu os hoteis de Vigo
O Marisquiño volve a Vigo. Faino a medio gas por mor da pandemia. Os vigueses levaban dous anos agardando polo seu regreso que se traduce en hoteis ao completo e en boas previsións para a restauración e comercio.
Con estritas medidas de seguridade, espazos acoutados e con público limitado, volve un festival que ao mesmo tempo é un pulo para un sector tocado pola pandemia. Nos arredores deste paseo das Avenidas, todo está preparado para recibir e atender a organizadores, participantes e seguidores.O ambiente nótase tanto dentro como fóra dos recintos. Os que conseguiron entrada, dinnos que non foi fácil atopar reserva.
Pero están aquí e agradecen o gran esforzo organizativo en tempos tan difíciles.Non será igual que outros anos sobre todo a nivel de público, pero a competición volve se cabe con máis forza. E poderán seguila a través da Internet pero tamén a través desta canle. De feito, o nosos compañeiros e compañeiras de deportes serán os encargados nuns minutos de contarlle toda a información deste Marisquiño 2021.