CRTVG

Buscar

Un mariñeiro de Bueu, entre os tripulantes que malviven nun barco retido no Iemen

Publicado o 16/08/2021 16:15

Son fotos da cuberta do Cobija, onde o seu capitán o galego Pablo Costas, de Bueu, e os seus 30 tripulantes, de distintas nacionalidades, malviven dende o 26 de setembro de 2020, hai case un ano, no porto de Mukallah no Iemen. Levan meses en condicións inhumanas, comendo so arroz e fariña. Segundo a familia de Pablo Costas a situación é límite e temen pola súa vida.

O barco permanece retido no Iemen acusado presuntamente de pesca ilegal por Australia e leva meses nun enredo xudicial e legal que non se da resolto, nun país en guerra dende hai varios anos. A familia de Pablo Costas pediu a finais de abril a súa repatriación ás autoridades consulares españolas pero o tempo pasa e non ven visos de que se solucione o caso.

Pablo Casas de 54 anos ten muller e fillo en Bueu e leva toda a vida traballando de mariñeiro sen que nunca tivese ningún problema legal no mar.

Noticias web

16/08/2021

Máis sobre Bueu