CRTVG

Buscar

Un manifestante perdeu unha man durante unha nova xornada de protesta en París

Publicado o 09/02/2019 21:35

Un manifestante perdeu unha man nos enfrontamentos que se produciron nunha nova xornada de protesta dos chalecos amarelos, cando a policía repelía os manifestantes nas reixas da Asemblea Nacional, e estas imaxes recollen o momento en que foi auxiliado. O chaleco amarelo collera unha granada lacrimóxena lanzada pola policía, coa intención de reenviárlla de novo. Nese momento estoupoulle e arrancoulle a man.

Segundo o ministerio de interior, as protestas de hoxe tiveron catro mil participantes en París e doce mil en toda Francia.
 

Noticias web

09/02/2019