CRTVG

Buscar

Un mando policial acusa os Mossos de obstaculizar o seu traballo

Publicado o 02/04/2019 19:19

O xefe de información da Policía Nacional en Cataluña acusa a ex-conselleira Clara Ponsatí de dirixir a resistencia á policía no seu departamento durante o un de outubro. Este mando asegura que os Mossos tiñan orde de non colaborar para impedir o referendo ilegal, e que había un "clima de desconfianza" crecente entre os tres corpos pola actitude da policía catalá.

Xefe da Brigada de Información da Policía Nacional: "De obstaculización a maior parte das veces, de pasividade, amais recibía instrucións de que se apartaran cando chegaramos, non de colaborar. Se difundía unha instrución para que se comunicara calquera movemento da policía e da Garda Civil. A conselleira Ponsatí, acompañada da súa escolta, estivo dirixindo a resistencia á actuación policial".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/04/2019