CRTVG

Buscar

Un mal segundo cuarto deixa o COB sen final polo ascenso

Publicado o 01/06/2019 20:56

Tras un primeiro cuarto fantástico, ao que so lle sobrou o último minuto, no que se sucederon os erros en ataque e defensa...o Río Ourense pagou a inexperiencia dos seus xogadores na rotación e a falta de acerto de Jorhan Zamora nos momnetos chave do partido.

Pola súa parte, o Iberojet Palma encontrou na dirección de Alejandro Fernández o seu mellor apoio..e Fran Guerra, sen ter moito brillo, logrou mandar adiante e atrás debaixo dos taboleiros.

Entre os máis destacados no bando balear tamén encontramos a Fede Ucles e no cadro de Gonzalo García de Vitoria so destacar algún arreónn de Pepo Vidal e a entrega de Van Wijk ...

O último cuarto xa foi un calvario para os ourensáns, que intentaron a remonta apoiandose nos seus afeccionados pero daquela a renda dos baleares xa era demasiado grande.

Gonzalo García de Vitoria. Adestrador do Río Ourense Termal. "A afección chorou de orgullo por este equipo. Temos que feliciar ao Palma porque mereceron a victoria."

Triunfo justo de Palma, que non debe ciscar unha inesquecible campaña de Río Ourense Termal que se queda a dous chanzos da gloria.

Noticias web

01/06/2019