CRTVG

Buscar

Ferido de gravidade ao caer da bicicleta cando facía o Camiño de Santiago

Publicado o 03/05/2019 12:54

Un peregrino que facía o Camiño en bicicleta tivo que ser evacuado en helicóptero ao hospital da Coruña tras sufrir unha caída e quedar ferido de gravidade.

O accidente ocorreu no concello lugués de Samos. Ao parecer, o home saíu da vía nunha zona de curvas e acabou caendo e golpeándose contra a beiravía. No momento da caída quedou insconsciente e sufriu unha fractura na mandíbula e outros traumatismos. Ía acompañado doutras tres persoas. O ferido é un veciño de Madrid, de 36 anos.

Noticias web

03/05/2019