CRTVG

Buscar

Un incendio queima o balcón dunha casa na parroquia de Melias, no Pereiro de Aguiar

Publicado o 27/06/2019 13:46

Un incendio nunha casa alertou os veciños da aldea de Cimadevila, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar. De madrugada, comezou a arder no corredor de madeira da vivenda, os donos estaban a durmir e foron os veciños os que viron o fume e as lapas e os que os alertaron e avisaron os bombeiros. Puideron saír da casa sen sufrir danos e conseguiron evitar que as lapas se estenderan ao resto da casa. Por sorte, todo quedou nun susto. 

Os donos da vivenda estaban durmindo cando un veciño acudiu a avisalos ao ver que estaba a arder o corredor de madeira. Cando espertaron e saíron estaba a casa chea de fume, pero conseguiron frear as lapas para que non se estenderan á casa, toda de madeira.

Na casa estaban, ademais do matrimonio, un fillo e un neto, e todos puideron saír sen sufrir danos, finalmente só houbo danos materiais e todo quedou nun susto.

Sobre as causas, din que non saben como comezou o incendio, sospeitan que puido ser un curtocircuíto.

Os xoguetes salváronse das lapas e só houbo perdas materiais no corredor, pero dos nosos teñen seguro e farase cargos dos danos, que son cuantiosos.

Noticias web

27/06/2019