CRTVG

Buscar

Un incendio no concello de Verín queimou 134 hectáreas forestais e agrícolas

Publicado o 16/07/2017 21:07

O lume comezou contra as cinco da tarde na parroquia de Feces de Cima e estendeuse moi pronto cara a fonteira con Portugal

Xa está extinguido o incendio forestal que comezou onte á tarde no concello de Verín e que queimou 134 hectáreas hectáreas forestais e agrícolas, 100 delas de monte raso, segundo informa a consellería do Medio Rural.

O lume comezara a parroquia de Feces de Cima e estendeuse cara á fronteira con Portugal. As lapas obrigaron a cortar durante unha hora a estrada que comunica esta localidade de Verín con Mandín e mantivo en alerta os veciños, pero non houbo finalmente perigo para as vivendas. Na extinción deste incendio están a traballar 13 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 6 helicóperos e 4 avións.

Esta tarde efectivos de Medio Rural e a Brif de Laza traballaron na extinción dun pequeno foco dunha hectárea en Fumaces, Riós. E tamén está apagado outro lume de menos dunha hectárea que se rexistrou na parroquia de Santa Uxía, no concello ourensán de Barbadás. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2017