CRTVG

Buscar

Un lume na Cañada Real obriga a desaloxar 21 familias que vivían nas infravivendas

Publicado o 07/12/2017 09:34

Un incendio no poboado chabolista da Cañada Real en Madrid obrigou a desaloxar 21 familias. O lume comezou nunha das chabolas sobre a unha da tarde e estendeuse rapidamente a un número de vivendas aínda sen determinar. Polo momento non se coñecen as causas dun incendio que obrigou a desaloxar 88 persoas que foron trasladadas a un polideportivo do distrito de Vallecas habilitado para que puideran pasar a noite. Os afectados son maioritariamente familias xitanas de orixe romanesa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017