CRTVG

Buscar

Un prostíbulo de Santiago enfróntase a unha sanción por incumprir as medidas anticovid

Publicado o 31/03/2021 14:57

Un local de citas de Conxo, en Santiago de Compostela, enfróntase a unha sanción de ata 3.000 euros por incumprir as medidas anticovid. Axentes da Policía Nacional e Local localizaron no interior oito clientes sen máscara e sen gardar as distancias de seguridade. As autoridades tamén propuxeron para sanción a propietaria do local por exceder a ocupación permitida e por carecer de código QR. Os veciños din que estes incidentes se repiten un día si e outro tamén.

A propietaria do local asegura que os clientes que había nese momento no interior levaban posta a máscara e apunta que descoñecía as normas sanitarias, un aspecto que non exime do seu cumprimento.

Esta non é a primeira vez que este local incumpre as normas para a prevención do coronavirus. No mes de outubro a policía abortou unha festa ilegal con 10 persoas que se celebraba no interior a altas horas da madrugada. Amais o Concello mantén aberta unha investigación por posible incumprimento da licenza de actividade.

Noticias web

31/03/2021