CRTVG

Buscar

Un lobo mata tres ovellas preñadas no Valadouro

Publicado o 03/12/2019 14:39

Foi por un burato entre os arames que pechan a leira por onde entrou o lobo que matou tres ovellas no lugar de Budián, no concello do Valadouro. O ataque produciuse a plena luz do día e a menos de cen metros da vivenda máis próxima. As tres ovellas estaban preñadas e a piques de parir e cada unha delas traía dúas crías. Un dos animais tentou fuxir saltando o valo do prado pero foi alcanzada aos poucos metros e o lobo tamén a matou. "Para min foi o lobo. E tamén o dixo o veterinario. As pegadas eran de lobo. Agora pode matar outro gando porque anda por aí. E non o deixan matar." "Vimos que estaban as tres ovellas mortas no prado. Unha tentou escapar. Tiñan mordidas a gorxa e as patas".

Os veciños desta zona din que os ataques do lobo se intensificaron nos últimos anos. A este mesmo gandeiro matáronlle un xato rubio nun prado próximo a este e tamén se rexistraron outras mortes de ovellas pola mesma causa. Recoñecen que os abondosos terreos a monte supoñen o mellor acubillo para os lobos e tamén para os xabarís, que lles danan os cultivos. Agora teñen medo de volver deixar os animais ceibos nas leiras por se se producen novos ataques. "Tanto ten que pechemos porque o lobo entra se quere entrar. A perda foi grande porque viñan seis años que tiñan o seu valor".

O gandeiro aínda non decidiu se vai presentar denuncia ante Medio Ambiente pola morte das tres ovellas nin se vai volver criar este tipo de gando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019