CRTVG

Buscar

Un Liceo de récord acaba a liga como local goleando o Reus (6-2)

Publicado o 23/05/2021 10:32

O Liceo acabou a OK Liga como local cunha goleada diante do Reus por 6-2. O cadro coruñés chega á espectacular cifra dos 76 puntos, só ensombrecidos polos 80 do Barcelona. Oruste e Ciocale marcaron dous goles. Carballeira de penalti e Dava Torres fixeron os outros dous. O Liceo acabará a liga a vindeira xornada e centrarase na Copa, na que son organizadores. 

Noticias web

23/05/2021