CRTVG

Buscar

Un libro recolle os versos inéditos de Sesé Mateo, vítima mortal da violencia machista

Publicado o 03/03/2019 20:26

Estivemos cun fillo de María Xosé Mateo, a muller que foi asesinada en febreiro de 2017 pola sua ex-parella, que provocou un incendio na súa casa de Redondela. Entre as lapas sobreviviu un caderno de poemas feministas, que agora recuperou o seu fillo máis vello e que vai presentar a vindeira semana.

Un libro que, ademais, converteuse unha ferramenta moi útil para os seus achegados, os que mais choran a súa ausencia.

Un asasinato machista acabou coa vida de Sesé, cando a súa ex-parella fixo estourar dúas bombonas de butano na súa casa de Chapela. Dous anos despois da súa morte, os seus poemas inéditos ven a luz nun libro cuxa recadación irá destinada aos orfos e orfas da violencia de xénero.

Palabras e debuxos de amor, de liberdade, de enfermidade e de xustiza social. O caderno de Sesé Mateo salvouse da destrución da súa casa e entón foi aí onde o seu fillo Joshua leu por primeira vez os versos luminosos da súa nai. 

Joshua, que é o titor legal do seu irmán pequeno menor de idade, quixo que a recadación do volume se destinase a orfos e orfas da violencia machista a través do Fondo de Becas Fiscal Soledad Cazorla porque para eles este libro xa é un xeito de reconstruír os seus recordos.

O libro pódese adquirir nas presentacións que se iniciarán esta semana por toda Galicia e en Madrid previa reserva a través da web sesemateo.es. Para que a xente saia á rúa, como lle gustaba saír a Sesé.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019